domingo, 11 de febrero de 2018

Aldeas, vilas e cidades (I)

Uxuri achegounos a unha das cidades máis bonitas do mundo: Donostia.

Uxuri e a súa familia viaxan ao País Vasco para visitar a familia e amigos.
Uxuri sinalou algúns monumentos e edificios importantes de Donostia: Kursaal, Peine dos Ventos, praia da Concha...
  Coñecen moi ben a cidade e prepararon unha presentación chea de fotos. Ao final, a presentación incluía un vídeo no que nos amosaban os lugares máis salientables.
 Parabéns Uxuri!
Grazas por achegarnos a unha terra tan fermosa!

10 comentarios: